Escoita todos os programas:

Que é o Axóuxere?

O podcast axóuxere é o podcast semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que se fala das últimas novas e no que debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio.

O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o noso programa e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de debate na rede e na nosa lingua.

Xa que o programa ten un formato bastante dinámico e, no que tentamos sempre falar dos temas de rigurosa actualidade, non podíamos por outro nome mellor ca o Axóuxere. Que mellor metáfora para representar o debate sobre temas de actualidade ca un xoguete no que o único obxetivo é axitalo para que este produza son?

Programas amigos

Entra en PodGalego para ollar os falangullos que se fan na nosa lingua.

O falangullo axóuxere é unha obra colaborativa de Anxo Núñez Fernández e Silvia Tuñas Añón © 2016-2018